Granxa A Ciruxana
Na Granxa A Ciruxana apostamos pola recuperación da raza Ovella Galega que se atopa en perigo de extinción.
Está situada no Macizo Central Galego, na aldea de Ardexarxe, entre os concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.
Empregamos o manexo holístico das terras da explotación para obter beneficios económicos e sociais de forma sostible.
Ademáis está certificada como produción de raza 100% autóctona e ecolóxica.